Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

U.2 Atmosfera. 2

Imagen
 2. Placa solar fotovoltaíca   As placas solares fotovoltaícas converten a enerxía solar en enerxía eléctrica, mediante as propiedades de elementos semicondutores exposto á luz solar. Existen unhas células fotovoltaícas, normalmente de silicio, nelas ocorre un proceso parecido á fotosíntese nas plantas, só que, estas células, crean un fluxo de electróns que converte a enerxía solar en eléctrica. Ademais disto, algunhas placas teñen baterias para almacenar a enerxía sobrante.  3. Aeroxenerador. O aereoxenerador converte a enerxía eólica en enerxía eléctrica. O moliño, que se encontra no extremo, é o encargado de capturar o vento e levalo ao interior onde, uns aparellos, transforman a enerxía cinética do vento en enerxía mecánica e, logo, en eléctrica. Na torre, hai cables que conducen a enerxía ata chegar a un transformador que converte a corrente continua en alterna e logo pasa, á rede eléctrica.        4. Cal é a diferencia entre emisión e inmisión?  A emisión é a saída de substancias

U.2 A atmosfera

Imagen
      2. Cal é a influencia do ciclo d a auga sobre o clima terrestre? Que forzas e enerxías o manteñen no tempo?   O ciclo da auga participa no clima a través da temperatura. O vapor de auga auméntaa, xa que é un gas de efecto invernadoiro. E o xeo e a neve, segundo a cantidade, a disminúen polo efecto albelo . As forzas que as manteñen son a solar (movementos cara arriba, xa que a enerxía solar quenta a auga e esta sube cara arriba en forma de vapor) e a gravidade (movementos cara abaixo).           3. Que é o gradiente térmico? Como inflúe no movemento, tanto na horizontal como na vertical, do aire e da auga?     O gradiente térmico é a variación da Tª pola unidade de distancia. O gradiente térmico fai circular os fluídos e tende a igualar a temperatura. Na atmosfera , o aire circula de maneira horizontal dende abaixo cara arriba, o que provoca que o aire cálido se sitúe na parte baixa e o aire máis frío e denso na parte de arriba. A auga, na hidrosfera tamén ten un movemento