U.2 A atmosfera


 
 
 
2. Cal é a influencia do ciclo da auga sobre o clima terrestre? Que forzas e enerxías o manteñen no tempo?
 
O ciclo da auga participa no clima a través da temperatura. O vapor de auga auméntaa, xa que é un gas de efecto invernadoiro. E o xeo e a neve, segundo a cantidade, a disminúen polo efecto albelo. As forzas que as manteñen son a solar (movementos cara arriba, xa que a enerxía solar quenta a auga e esta sube cara arriba en forma de vapor) e a gravidade (movementos cara abaixo). 

 
 Significado del Ciclo del agua (con imágenes) (Qué es, Concepto y  Definición) - Significados
 
 
 3. Que é o gradiente térmico? Como inflúe no movemento, tanto na horizontal como na vertical, do aire e da auga? 
 
O gradiente térmico é a variación da Tª pola unidade de distancia. O gradiente térmico fai circular os fluídos e tende a igualar a temperatura. Na atmosfera, o aire circula de maneira horizontal dende abaixo cara arriba, o que provoca que o aire cálido se sitúe na parte baixa e o aire máis frío e denso na parte de arriba. A auga, na hidrosfera tamén ten un movemento vertical, dende arriba cara abaixo; a auga da superficie só descende se ten unha temperatura máis baixa ca da auga máis profunda. 
Nos movementos verticais o aire é mal condutor do calor, mentres que, a auga é boa condutora deste.
Nos movementos horizontais, entre a atmosfera e a hidrosfera, prodúcese un desprazamento do vento e das correntes mariñas, que inflúe no transporte de calor e amortiguan as diferencias térmicas.
 
       
La transferencia de calor en la atmosfera | CK-12 Foundation
 
 
 4. Como se formou a atmosfera terrestre? 

A atmosfera primitiva formouse pola desgasificación sufrida pola Terra no proceso de arrefriamento. Ademais, engadíronse substancias da xeosfera, a través do fume e o po dos volcáns; da biosfera, a través dos gases (O2, CO2, H2) que expulsaban os seres vivos; e da hidrosfera, a través do vapor de auga e sales que se evaporou de mares, océanos, ríos, ... . 
1. gases 2. meteoritos; rotura terra y erupcións volcánicas 3. aparición vida


5. Como varía a temperatura e a composición de gases nas distintas capas da atmosfera? KM!!!

Na troposfera están contidos o 80% dos gases atmosféricos e a temperatura descende ata os -70 graos. 
 
A estratosfera contén a capa de ozono, polo que, na súa composición o ozono é o gas principal. Por outro lado, a temperatura aumenta coa altura ata os 4 graos.
 
A mesofera é unha capa na que o aire ten moi pouca densidade e a temperatura diminúe ata os -80 graos. 

A termosfera ou ionosfera contén o 0'1% dos gases da atmosfera, a súa temperatura aumenta ata os 1000 graos debido a absorción da radiación. 
 
Por último, a exosfera, e a zona máis afastada, onde os átomos se xunta có espazo exterior. 


Diseño de póster científico para la atmósfera terrestre. | Vector Gratis



6. Os movementos convectivos son propios da atmosfera, da hidrosfera e de certas capas da xeosfera, en que consisten?

Consisten en correntes descendentes e ascendentes de materia (movemento de materia) . Na atmosfera é o aire, na hidrosfera a auga e na xeosfera os materiais do manto.
Hai varios tipos de convección; térmica; pola acción da humidade; ou debido á presión atmosférica. 
 
Mov de calor asociado a un mov de materia


7. Define anticiclón e borrasca. 

O anticiclón é un centro de altas presións. Fórmanse cando unha masa de aire frío, que é máis denso, descenden ata chegar ao solo. Nesta zona hai unha gran cantidade de aire que é o que crea a zona das altas presións. 
Como consecuencia, cando o aire descende non se crean nubes, polo tanto, o tempo será estable e sen precipitacións. 

A borrasca é un centro de baixas presións. O aire, ten menos peso encima, polo que, se arrefría e ascende. Como consecuencia, o vapor de auga condénsase creando nubes, polo que o tempo caracterízase por ser inestable e con posibilidade de precipitación.


Ilustración de isobaras, anticiclones y borrascas. | Libro de texto,  Geografia e historia, Ilustraciones



8. Exemplos da circulación xeral do aire influenciada polo relevo, insolación e efecto Coriolis.  Pregunta segura de examen


Insolación: canto máis preto do ecuador, as correntes quéntanse, formando borrascas. P. exemplo; No ecuador, converxen os ventos alisios do suroeste e noroeste producindo movementos ascendentes, é unha zona de baixas presións, hai una convección profunda de abundante nubosidade e precipitacións variables coñecido como Zona de Converxencia Intertropical.

Relevo: Cando unha corrente encóntrase cunha montaña ou cordilleira, comeza a ascender, polo que se arrefría. Canto máis altitude menos presión atmosférica, polo que se forman borrascas. P. exemplo; Nos Pirineos, prodúcese o chamado efecto Foehn, que consiste no seguinte. Chega un vento proveñente do norte (Alpes) e ascende ao encontrarse coa montaña, ao ascender arrefríase, condénsase e crea precipitacións. Ao descender, perde a humidade e convértese nun aire seco, que aumenta a presión atmosférica, polo que aumenta a temperatura.

O efecto Coriolis é consecuencia da rotación da Terra. As masas de aire reoriéntase sempre cara a dereita no hemisferio norte e cara a esquerda no hemisferio sur, visto dende o ecuador. A forza Coriolis é cero no ecuador e aumenta cara os polos, dado que a velocidade de rotación da Terra redúcese, dende o ecuador aos polos. PREGUNTA CON MAPA

Qué es Efecto Coriolis? » Su Definición y Significado [2020]

Efecto Coriolis

 

FACTORES GEOGRÁFICOS DE LA DIVERSIDAD CLIMÁTICA (y IV): LA ALTURA,  DISPOSICIÓN Y ORIENTACIÓN DEL RELIEVE - Paperblog | Climatico, Factores,  Geograficos

Relevo 

Clima 

Insolación 

 

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

O método científico

U.3 A Hidrosfera