O método científico

                                                                                      


1. Definicións. 

Empirismo: o empirismo é un movemento filosófico que defende que todo o coñecemento que posúe o ser humano é a través de experiencias, polo tanto nega que o home poda acceder a unha verdade absoluta.

Filosofía: a filosofía é o estudo dun conxunto de cuestións que derivan en problemas "existenciales" para o ser humano, como poden ser; o coñecemento, a verdade absoluta, a mente, a moral...

Hipótese: unha hipótese é unha suposición de algo que podería, ou non, ser posíbel. A hipótese permite dar o inicio ó pensamento.

Teoría: teoría é unha palabra cunha orixe en Grecia e que significa observar, contemplar e estudar. Na ctualidade é algo parecido a unha especulación. Cientificamente, é a parte especulativa da ciencia e é a base para a práctica, a teoría é un proceso que consiste en observar, crear ideas e reflexións para obter a resposta para distintos feitos. 


2. Cal foi  a contribución de Galileo e de Descartes ao método? 

Galileo e Descartes tiveron un papel fundamental no desenvolmento do método científico e, na historia da ciencia, en xeral. Descartes proofundizou na aplicación das matemáticas no estudo dos fenómenos naturais, pero o máis importante é o método cartesiano, que consiste na dúbida constante ata chegar a unha resposta que non teña lugar a máis dúbidas. Galileo foi o primeiro en proponer e  usar todos os pasos que constitúen o método.  

 

3. Etapas do método científico. 

O método científico divídese en cinco etapas consecutivas: 

1º OBSERVACIÓN. 

É considerada unha das máis importantes, xa que é a fase onde obtemos os datos. Tamén é na que formulamos a pregunta que logo tentaremos resolver cos datos obtidos.

2º FORMULACIÓN DA HIPÓTESE. 

É a etapa onde se formula unha hipótese a través dos datos obtidos na fase anterior. Esta etapa ten por obxectivo crear unha explicación posíbel e provisional. 

3º EXPERIMENTACIÓN. 

A etapa de experimentación pretende demostrar que a hipótese non é correcta, e no ao revés. No caso no que se refute a hipótese, elaborarase unha nova se, polo contrario, demóstrase que a hipótese é certa pasarase a seguinte fase, e as probas feitas nesta fase servirán para mellorar e sumar máis datos a hipótese.

4º ELABORACIÓN DA TEORÍA OU LEI.

Unha vez obtida a hipótese correcta, expoñemos as conclusións e, a partir delas, enunciamos unha teoría ou lei.

5º PUBLICACIÓN

Esta é a última fase. A teoría/lei publícase.

As etapas do método científico varían segundo a persoa cos leve a cabo, pero oscilan entre as cinco e sete etapas. Entre a etapa de observación e hipótese, científicos, engaden a de preguntas, nesta etapa, plantéanse as cuestións que, máis tarde, resolveras; a través da hipótese e da experimentación.

Resultado de imagen para etapas de metodo cientifico | Metodo cientifico,  Cientifico dibujo, Cientificos


4. Exemplo que explique as etapas.

Vacina da viruela.

O científico Edward Jenner observou que a viruela, moi grave e mortal nos seres humanos, nas vacas era moi leve e que os traballadores que se contaxiaran a través do ganado, pasaron a enfermidade con éxito e cunha gravidade menor. 

1º Observación: dados os datos obtidos, observábase que a viruela contraida a través do ganado, "inmunizaba" ás persoas. 

2º Hipótese: "O contaxio da viruela do ganado, aporta inmunidade ao ser humano"

3º Experimento: Cabe aclarar que, hoxe en día, os experimentos que fixo este científico non serían aceptados e sobrepasarían os límites éticos (xa que se fixeron en nenos e, máis tarde, en adultos).                                                                           O experimento consistía no seguinte, Jenner obtivo unha mostra de viruela vacuna, a través, dunha leiteira infectada e aplicouna no brazo do fillo do seu xardineiro. O neno enfermou; pero, uns días máis tarde, xa estaba sa e sen ningunha secuela. Un tempo máis tarde, aplicou unha mostra de viruela humana no brazo do mesmo neno; sorprendentemente, o neno, non enfermou. Despois disto, repetiu o experimento en adultos. 

4º Teoría ou lei. 

Cos bos resultados dos experimentos, enuncia a súa teoría. "Infectar a unha persoa con viruela vacuna, protexe ás persoas da viruela humana" 

5º Publicación. 

Edarwd Jenner publica a súa teoría. Grazas a isto, creáronse as primeiras "vacinas". 








Comentarios

Entradas populares de este blog

U.2 A atmosfera

U.3 A Hidrosfera