A choiva ácida
A choiva ácida A choiva ácida é un tipo de precipitación na que as moléculas de auga mestúranse con elevadas concentracións de ácido sulfúrico e nítrico. O máis común é que se presente en forma de choiva, aínda que, tamén pode manifestarse en forma de neve, néboa ou partículas de material seco que se posan na superficie terrestre. A natureza, coas erupcións volcánicas e a descomposición da capa vexetal poden crear a choiva ácida, porén, a maior parte é pola acción humana. Isto débese ás emisións de gases polas combustións fósiles (para obter enerxía eléctrica; carbón, para calor; ou nos vehículos) Cando os seres humanos queimamos combustibles fósiles, liberamos dióxido de xofre (SO2) e óxidos de nitróxeno (NOx) á atmosfera, estes compostos reaccionan coa auga (H2O) recollida na atmosfera e co osíxeno (O2) e crea disolucións máis ácidas ca auga normal. Unha vez ca auga "ácida" precipita e chega á superficie, mestúrase coas augas residuais, chega aos acuíferos, pre