A choiva ácida


A choiva ácida


A choiva ácida é un tipo de precipitación na que as moléculas de auga mestúranse con elevadas concentracións de ácido sulfúrico e nítrico. O máis común é que se presente en forma de choiva, aínda que, tamén pode manifestarse en forma de neve, néboa ou partículas de material seco que se posan na superficie terrestre.


A natureza, coas erupcións volcánicas e a descomposición da capa vexetal poden crear a choiva ácida, porén, a maior parte é pola acción humana. Isto débese ás emisións de gases polas combustións fósiles (para obter enerxía eléctrica; carbón, para calor; ou nos vehículos)

Cando os seres humanos queimamos combustibles fósiles, liberamos dióxido de xofre (SO2) e óxidos de nitróxeno (NOx) á atmosfera, estes compostos reaccionan coa auga (H2O) recollida na atmosfera e co osíxeno (O2) e crea disolucións máis ácidas ca auga normal.

Unha vez ca auga "ácida" precipita e chega á superficie, mestúrase coas augas residuais, chega aos acuíferos, precipita sobre campos de cultivo, ... . Ou, mesmo o vento dispersa estas moléculas especialmente ácidas.


A choiva ácida ten grandes consecuencias no medio e nos seres vivos pero, os lagos, ríos, pantanos e outros medios acuáticos, lévanse a peor parte.

Estas precipitacións chegan aos medios acuáticos e elevan a súa acidez. Como consecuencia, o aluminio (procedente da superficie, dos campos de cultivo) absórvese con maior facilidade, provocando, un incremento da toxicidade que acaba cos seres vivos que habitan en medios acuáticos.


Aínda que algunha especies soportan mellor que outros os medios máis ácidos, nos ecosistemas, ao estar conectados todos os elementos, a choiva ácida acaba perxudicando ao total do ecosistema.


Nos ecosistemas con árbores de gran altitude, como as selvas e bosques, a choiva afecta, directamente ás follas e, no caso das coníferas, as agullas e. ademais, ao chegar ao substrato, contamínao, roubando os nutrientes esenciais e dificultando a absorción da auga por parte das plantas. Así mesmo, libera aluminio, un elemento moi contaminante.


Por conseguinte, o efecto da choiva ácida unido ao resto de factores que destrúen o medio ambiente, ocasiona moitos máis problemas, como; a redución da resistencia das árbores, tanto ás pragas de insectos, ás enfermidades ou ós aumentos e diminucións da temperatura; tamén poden inhibir a capacidade de reprodución das plantas.


Porén, hai zonas nas que a terra ten unha maior capacidade de neutralizar os ácidos polo que, nestas terras, os efectos nocivos son menores.


Con todo, a única solución para diminuír estes efectos e loitar contra a choiva ácida é diminuír as emisións de gases contaminantes, ou o que é o mesmo, diminuír o uso de combustibles fósiles. Mediante o aforro de enerxía na casa, a diminución dos vehículos alimentados por combustibles fósiles ou medidas máis globais, serían algunhas das solucións aplicadas á práctica para rematar con isto.


Un exemplo real dos efectos da choiva ácida é o dun lago no Parque Provincial Killarney de Canadá. Este lago tiña unha cor turquesa pouco natural, polo que, os científicos, comezaron investigacións para descubrir as causas desta pouco usual cor.

Estes científicos chegaron á conclusión de que o lago sufría os efectos da choiva ácida. Ao estar situado moi cerca das industrias da cidade de Sudbury en Ontario, recibía vertidos de níquel e cobre. Ante estes contaminantes, os seres vivos que habitaban nas profundidades do lago, como pequenas algas, que nun ambiente normal bloquearían a luz, desapareceron, o lago tornou nunha cor turquesa cristalina que non é natural neste medio.

Isto sucede neste lago e en moitos máis da zona de Ontario, onde os seres vivos morren pola alta ácidez das augas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O método científico

U.2 A atmosfera

U.3 A Hidrosfera