Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Converter o problema do lobo nunha oportunidade

Imagen
    Seguindo coa polémica xerada pola inclusión do lobo na listaxe de especies en réxime de especial proteción e o rexeitamento amosado por moitos gandeiros, os grupos naturalistas que defenden a súa proteción propoñen unha serie de medidas que poderían  axudar a que o gandeiro percibira a inclusión do lobo nesta listaxe coma unha oportunidade. A poboación de lobos está estancada aínda que se detecta unha elevada mortalidade que se debe, fundamentalmente, á caza furtiva, os velenos e os lazos que matan a máis de 200 lobos cada ano e isto, feito con total impunidade. Por outra banda, a Administración persiste nas batidas de caza como unha solución para controlar ás poboacións, negándose a probar novas propostas cando a realidade amosa que unha ferramenta non válida. Aquí o lobo contrólase co furtivismo. Unha posible solución aportada polos grupos naturalistas e por moitos biólogos,  sería impulsar de verdade os instrumentos de axudas ás explotacións gandeiras. Axudas amplas que combinen

U.5 A biosfera

 1. Cales son os principais biomas da Terra? Indica, en cada caso, que clima o determina.    Os bosques : dentro deste gran grupo, diferenciamos varios tipos que presentan características diferentes; o bosque mediterráneo, con climas cálidos e semi-húmidos, cuxas precipitacións se concentran nos meses do inverno; b osques temperados de coníferas , cun clima temperado-frío e húmido; bosques secos subtropicais de coníferas , cun característico clima tropical  e semi-húmido; por último, bosques húmidos tropicais, cun clima húmido tropical.   Os desertos : segundo onde se encontren, caracterízanse por ter un clima árido, temperado ou, incluso, tropical. Ademais a auga é escasa e a presenza das precipitacións é irregular. Ademais, contan con marcados fenómenos de evaporación da pouca auga coa que contan, así como coa erosión do solo persistente, debido á acción do vento e á carencia de vexetación ou á pouca cantidade que hai. Esta vexetación pode estar distribuída de forma espaciada y