Converter o problema do lobo nunha oportunidade

 LOBO IBÉRICO: Características, Qué come, Dónde vive...

 

Seguindo coa polémica xerada pola inclusión do lobo na listaxe de especies en réxime de especial proteción e o rexeitamento amosado por moitos gandeiros, os grupos naturalistas que defenden a súa proteción propoñen unha serie de medidas que poderían  axudar a que o gandeiro percibira a inclusión do lobo nesta listaxe coma unha oportunidade.

A poboación de lobos está estancada aínda que se detecta unha elevada mortalidade que se debe, fundamentalmente, á caza furtiva, os velenos e os lazos que matan a máis de 200 lobos cada ano e isto, feito con total impunidade.

Por outra banda, a Administración persiste nas batidas de caza como unha solución para controlar ás poboacións, negándose a probar novas propostas cando a realidade amosa que unha ferramenta non válida. Aquí o lobo contrólase co furtivismo.

Unha posible solución aportada polos grupos naturalistas e por moitos biólogos,  sería impulsar de verdade os instrumentos de axudas ás explotacións gandeiras. Axudas amplas que combinen medidas de manexo e de vixilancia preventivas (asesoramento, asistencia e recursos). O problema é que as axudas agora son escasas e tardan tanto en pagarse que acaban sendo inútiles e o gandeiro perde confianza nelas.

 El Mastin y su Ancestral Funcionalidad junto al Hombre ...

Por isto fálase de convertir o problema do lobo nunha oportunidade e que a inclusión desta especie na listaxe sexa percibida por los gandeiros coma algo positivo, pois compromete á Administración a xestionar de xeito máis comprometido e áxil.

Al igual que se fixo co oso en Asturias, o lobo sería beneficioso para o turismo e para crear valor engadido alí onde habita.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O método científico

U.2 A atmosfera

U.3 A Hidrosfera