U1. O medio ambiente
2. Enumera posibles solucións para o problema:
1. Buscar un posible depredador que manteña a poboación de moscas nuns niveis normais.
2. Buscar produtos naturais para loitar contra as moscas; uns produtos que non resulten nocivos para a árbore, pero que dificulten a reprodución das moscas.
3. Inventar unha maneira para poder protexer ás árbores; unha cuberta que coide a copa das árbores para que a mosca non poida chegar e asentarse nela.
Se todas estas solucións fanse tendo en conta e o medio ambiente, e coidando da saúde das árbores e do resto dos seres vivos que vivan nese ecosistema, non debería haber ningún problema medioambiental a maiores.
3. Diferentes sistemas.
Todos son sistemas
a) Unha cisterna de baño: O límite da cisterna sería a estrutura que a conteña. Os diferentes elementos serían os mecanismos que forman a cisterna, a auga que conten e o botón que utilizamos para activalo. No sistema entra e sae auga, ademais de feces e enerxía.
b) Un ordenador: O ordenador ten o límite físico da estrutura que o conten. Os diferentes elementos son, a pantalla, o rato, o teclado e os elementos internos. Do ordenador entran e saen, tanto enerxía (electricidade) como datos.
c) Célula de un músculo: o límite celular é a membrana celular, os elementos ca forman son; o citoplasma, os orgánulos e o núcleo. Na célula dun músculo entran nutrientes, substancias, enerxía... e sae enerxía e substancias de refugallo.
4. Exemplos de sistemas.
a) Sistema aberto: o corpo humano, a maioría das plantas; ambos os dous intercambian materia e enerxía. Os sistemas biolóxicos sempre son sistemas abertos.
b) Sistema pechado: un termómetro, xa que a súa masa (o seu contido) nunca varía. Unha bombilla, só precisa enerxía, non varía a súa masa.
c) Sistema illado: o sistema solar, xa que non sabemos o que hai ou se hai algo despois de el, supoñemos que está illado. Unha bombona de gas, xa que o gas do interior está illado e as condicións de volume, presión e temperatura son constantes
5. Que é un sistema cibernético?
A cibernética chámase a ciencia que estuda o control e a comunicación dentro dun sistema. Polo tanto, un sistema cibernético é, un sistema, onde o control e a comunicación están baseados na retroalimentación dentro do mesmo. Estes sistemas, céntranse, nas relacións dos seres vivos co medio. Son sistemas feitos para que entren datos e actúen como un sistema. Estos sistemas son propios dos ordenadores. O máis importante é que estes sistemas comparten información.
6. Relacións causais simples.
Canto máis chove, máis mollado estará o solo. (directa)
Canto máis traballamos, menos tempo descansamos. (indirecta)
Canto máis producimos, máis residuos creamos e menos recursos temos (encadeada)
7. Relacións causais complexas.
A máis nacementos máis poboación. (retroalimentación positiva)
A máis contaminación, menos biodiverdidade. (retroalimentación negativa)
8. Leis de termodinámica
A termodinámica é a parte da física encargada do estudo das accións mecánicas da calor e doutras formas semellantes de enerxía. A termodinámica estúdase a través de catro leis.
Lei cero: se dous sistemas están en equilibrio termodinámico (A e B), e un terceiro (C)está con B; A e C, estarán en equilibrio, tamén.
1ª lei, tamén coñecida como o principio de conservación da enerxía. "A enerxía, nin se crea, nin se destrúe; se transforma".
2ª lei esta lei é a encargada de definir a entropía. Esta lei di que, un sistema tende a estar nun estado de desorde. A entropía é unha magnitud que mide o desorden nun sistema. Cando a entropía é baixa a enerxía dentro do sistema está concentrada, mentres que, nos que teñen un alto valor de entropía a enerxía está dispersa.
3ª lei, establece a imposibilidade de alcanzar unha temperatura ideal igual o cero absoluto (0 Kelvin = -273ºC)
9. Enfoque analítico e sintético dun sistema terrestre.
Hidrosfera
Enfoque analítico: para un enfoque analítico da hidrosfera, temos que dividila nos seus elementos. Auga doce, auga salgada, vapor de auga. Estudariamos todo por separado. Dende o máis concreto ó máis abstracto.
Enfoque sintético: para un enfoque sintético da hidrosfera, temos que estudar o conxunto de elementos e as relacións entre elas. Polo que estudariamos as relacións entre os diferentes tipos de augas (o ciclo da auga).
A hidrosfera é un sistema que non se pode enfocar só analiticamente, xa que temos que ter en conta todas as relacións entre subsistemas para entender o seu funcionamento.
Comentarios
Publicar un comentario