A destrución da capa de ozono
A DESTRUCIÓN DA CAPA DE OZONO
Que é? Cal é a súa función?
A capa de ozono (O3) encontráse a uns 10-15 kilometros da superficie da terrestre e, como o seu nome indica. Está formada por ozono, unha molécula de tres átomos de osíxeno. Normalmente, o osíxeno encontrámoos como unha molécula (O2), neste caso, a radiación do sol rompe estas moléculas presentes na estratosfera e, estes átomos (moi inestables) unénse ás moléculas de O2, formando o ozono. Cómpre destacar que o ozono é tóxico e mortal ao ser inhalado.
A capa de ozono é unha capa protectora; a súa función principal é a de preservar a vida na Terra.
Esta capa absorve o 97% das radiacións solares que afectan aos seres vivos.
Pasando a falar máis en profundidade, a capa de ozono foi descuberta por dous físicos franceses no 1913, Charles Fabry e Henri Buisson. Porén, foi o meteorólogo Gordon Miller o que investigou e examinou as súas propiedades, ademais de desenvolver o espectrofotómetro, o instrumento encargado de medir o ozono dende a superficie terrestre.
Esta capa é imprescindíbel para manter a vida na Terra, xa que filtra a maior parte de raios solares dañinos para os seres vivos e deixa pasar ós necesarios para a vida. Se os raios UVA non son filtrados pola capa de ozono producen quemaduras e problemas na vista dos seres humanos e, no caso de pequenos organismos unicelurares, pode provocar a morte destes.
Causas e consecuencias da súa destrución.
A capa de ozono ten un grosor moi pequeño (pola súa baixa densidade), e pode disminuir, xa sexa de maneira natural, pola variación da cantidade de osíxeno nas capas da atmosfera (por erucións volcánicas, explosións solares ou ventos estratosféricos) , como pola ación humana. Isto provoca pequenos buracos (normalmente nos polos) que deixan pasara os raios UV.
O problema é que os produtos utilizados polos humanos, como os halocarbonos, aceleran ata dez veces a destrución da capa. Estes compostos están presentes nos aerosoles (na actualidade prohibidos), e emiten gases, como o bromo ou o cloro, á atmosfera que provocan o adelgazamento da capa de ozono. Ademais destas substancias, moitas máis dañan á capa: o meticloroformo, o tetracloruro de carbono, os halones, os hidroclorofluorocarbonos e os clorofluorocarbonos. Estes compostos copoñen moitos produtos como extintores, axentes refrixerantes, adhesivos, lavado en seco, … .
A causa disto, como xa mencionei antes, ao traspasar os raios UV e chegar á superficie, os seres vivos estamos más expostos a estes raios que son nocivos e causan graves enfermidades. Os principales efectos da exposición a raios UV son: cancro de pel, cataratas, quemaduras solares, debilitamento do sistema inmunolóxico e envellecemento prematuro.
Ademais, centos de hectáreas de cultivos (millo, tomate, arroz, …) poderían verse afectadas xa que non realizarían a fotosíntese de maneira normal.
Por último, o placton, microrganismo base na cadena alimenticia dos océanos, é moi sensíbel aos raios UV, polo que podería desaparecer, e con el, o resto de especies do mundo marino.
Solucións
Ante toda esta destrución algunhas solucións son; evitar pesticidas químicos, usar produtos de limpieza que non conteñan ningunha das substancias mencionadas anteriormente, … . No protocolo de Montreal do 1989, firmáronse certas medidas para preservar a capa de ozono.
A problemática na Antártida
O buraco da capa de ozono non é estático, se non que a súa dimensión varía de forma regular: de agosto s outubro aumenta o seu tamaño, alcanzando o máximo entre setembro e mediados de outubro. O gradual aumento das temperaturas nesta época do ano no hemisferio sur debilita o vórtice polar (ciclón), aumentando o tamaño, mais en decembro xa será normal.
Por que o buraco varía o seu tamaño? A resposta é sinxela, débese aos ventos que se forman na área da Antártida, producidos polas diferenzas de temperatura das latitudes e os propios movementos de rotación da Terra. Se o vórtice polar é forte, evita o intercambio de temperaturas entre as latitudes. No inverno redúcese por esta razón, xa que as masas de aire de cada latitude mantense aisladas.
O pequeno tamaño do 2019, producise por factores climatolóxicos e, neste caso, parece indicar que todo débese ao vórtice polar, un ciclón persistente a gran escala, forte e estable que mantivo a temperatura da capa de ozono da Antártida fría de maneira constante.
Polo que, como na estratosfera, as nubes estratosféricas, (un dos responsables da destrución de ozono) créanse a -78ºC e conteñen cristais de xeo que poden convertir non reactivos en reactivos; este ano, uníronse estes factores coa radiación solar e destruíuse máis ozono do normal, pero de forma natural.
Comentarios
Publicar un comentario