U.3 A Hidrosfera

 

2. Ciclo da auga. Cando se producen cambios de estado? que forzas e enerxías aos manteñen? 


Durante a evaporación, a auga en estado líquido da superficie, evapórase e sube cara a atmosfera, pola influencia da enerxía solar. 
Na condensación, o vapor de agua arrefríase e condénsase, creando gotas e nubes; estas gotas, pola forza da gravidade, precipitan e chegan á superficie. 
E na fusión, a auga pasa de estado sólido (xeo) a líquido, polo desxeo. 
 
Cando varía a Tª. Forza do sol e da gravidade
 
El Ciclo del Agua - AreaCiencias
 

3. Define:

  • Infiltración: é o proceso polo que, a auga da superficie, continetal ou oceánica; entra no solo. (nas capas máis baixas)
  • Escorrentía: é unha corrente de auga que flúe libremente pola superficie terrestre, cara abaixo.
  • Evapotranspiración: é un efecto conxunto que se produce ao unirse a evaporación da auga dos ríos, mares, lagos, océanos, ... e a transpiración dos seres vivos, especialmente, das plantas. 
  • Nivel friático: é o nivel superior dun acuífero, ou, mellor coñecido como, o nivel no que a presión da auga é igual á presión atmosférica. Relacionado coa infiltración.
4. Que é un acuífero? Que tipo de acuífero hai baixo o sahara?
 
 
Un acuífero é unha formación xeolóxica constituída por unha ou máis capas de rochas, capaz de almacenar e ceder auga. No solo, se sitúa nunha zona chamada, zona saturada. Ademais, caracterízanse por posuír unha porosidade e permeabilidade específicas.
 
 
Qué es un acuífero? | iAgua
 
 
 No deserto do Sahara, ao redor de 75 metros cara abaixo, encontramos un dos maiores acuíferos do mundo. Chamado, acuífero Complejo Terminal; ocupa unha superficie duns 350.000 km² e forma, xunto co acuífero Continental Intercalar, o Sistema Acuífero do Sahara Septrentional. Fósil
 
Un océano bajo las arenas de África



5. Que é un humidal? Cal é a súa importancia?

Un humidal é unha porción de terra, xeralmente plana, que se inunda de forma natural de manera permanente ou intermitente
Ao cubrirse a superficie con auga, con certa regularidade, o solo satúrase e queda desprovisto de osíxeno, dando un ecosistema intermedio entres os acuáticos e os terrestres
Os humidales inflúen de maneira positiva e moitos aspectos, entre os que destacan; o seu papel no ciclo hidrolóxico, regulando os fluxos da auga, servindo como fontes de abastecemento e diminuíndo o efecto das inundacións; serven de hábitat para un gran número de especies, na súa maioría, aves e plantas; e, regulan as emisións de gases de efecto invernadoiro. 
 

Animales viven entre la basura en el humedal Juan Amarillo

6. Que quere dicir cá auga é un regulador térmico? 

A auga é unha substancia que se quenta e se arrefría lentamente, polo que regula a temperatura, tanto dos seres vivos, como do medio. Isto débese a que mantén o frío e o calor por máis tempo, polo que, as temperaturas que están influídas pola agua son máis suaves e non sofren cambios bruscos.



El Cambio Climatico: El regulador de temperatura del planeta

7. Que é un upwelling?


Es un fenómeno oceanográfico, de aguas marinas, que consiste no ascenso de masas profundas da auga, dende a zona abisal do océano ata a a superficie das zonas da plataforma continental. Corrente que sube dende o fondo do mar, ata a superficie. Transporta moitos nutrientes, polo que hai moita vida.

Resultado de imagen de upwelling
     
8. Que é a cinta transportadora oceánica?

É un mecanismo natural de transporte a escala planetaria, cunha duración que pode chegar a máis dun século. Neste circuito, hai zonas, nas que se producen grandes ocos de auga fría e salgada, considerados o motor da cinta. 

As augas que suben son frías e as que baixan son quentes. 

Regulan a Tª, transportan nutrientes, ... .

Resultado de imagen de cinta transportadora oceanica
















Comentarios

Entradas populares de este blog

O método científico

U.2 A atmosfera