Evolución dos lobos na Península Ibérica

 
Despois de anos de loita por parte de moitas asociacións de proteción do lobo, obtívose a, tan esperada lei, que prohibe a caza deste animal, actualmente en grave peligro, en toda España. 
 

O pasado catro de febreiro a "Comisión Estatal de Patrimonio Natural del Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico" aprobou a inclusión do lobo na listaxe de especies en réxime de especial proteción, xa que é considerada unha especie imprescindíbel para o bo funcionamento dos ecosistemas españois. 
 
En España, a especie de lobo maioritaria é a Canis lupus signatus. 
Ata o s.XIX esta especie distribuíase por todo o territorio da Península Ibérica; a mediados deste mesmo século estímase a presenza de 7000-9000 exemplares.
Pero, coa chegada do século XX, comezou a regresión, que chegou ao se auxe na década dos 50 e 70, cando a poboación apenas ocupaba 82000km de superficie dos 400000 que ocupara nos anos pasados.
Os exemplares concentráronse no noreste da Península Ibérica e, en menor medida, no centro e no sur, onde terminarían desaparecendo.


 
Variación da especie dende o 1840-1987
 
A finais do século XX prodúcese unha pequena recuperación parcial, causada polo aumento das presas que adoita cazar (en especial, ungulados salvaxes) e disminución das persecucións (con veleno, trampas, ... .). Este último débese a aprobación da Lei da Caza (1970), que prohibía o uso dos velenos.
 
 Entre 1986-88 realizáronse estudos para evaluar a distribución e a cantidade de poboacións; o resultado deu como principal territorio o noroeste penínsular máis dúas poboacións soltas na zona de Serra Morena e en Extremadura. Estimouse unha poboación de 1500 exemplares repartidos en 300 familias 

Os lobos son carnívoros sociales que viven en grupos familiares xerarquizados compostos por unha parella reprodutora e as súas crías, de varios años ou camadas precedentes.
Resulta difícil coñecer o tamaño real da poboación (número de individuos) xa que este número pode variar, incluso dentro dun mesmo ano, e de forma notable, por exemplo, antes y después de los partos. Ademáis, un 10-15% da poboación non está estrictamente asociada a grupos territoriales, aínda que a cohesión dos propios grupos pode ser máis ou menos laxa.
 
Coa aprobación desta nova lei, moitos gandeiros levantáronse para expresar o seu descontento, xa que, ao lobo, se lle atribúe a caza das ovellas e os detrozos; máis, dende as sociedades de proteccoón explican que non hai suficientes evidencias para facer estas declaracións. Ademais, outro sector da gandería relata que o lobo non supoñe un problema se vixilan as extensións gandeiras con cans pastores. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

O método científico

U.2 A atmosfera

U.3 A Hidrosfera