U.4.2 Xeosfera
1. Cal é a situación actual da enerxía xeotérmica es España?
España ten un gran potencial xeotérmico, aínda que non sexa unha enerxía moi coñecida. A xeotermia aproveita a calor que emana do interior da terra. A
enerxía xeotérmica maniféstase de forma natural a través de géiseres,
fontes termais ou incluso volcáns. Considerando a temperatura coñécense tres tipos de enerxía e, España, pode aproveitar os tres; recursos xeotérmicos de alta Tª, de media-baixa Tª e de moi baixa.
2. Cales son os 5 maiores terremotos rexistrados historicamente? (zona afectada, época na que sucedeu e intensidade).
Os terremotos son uns dos desastres naturais máis mortíferos dentro de este campo; os peores da historia son:
5. Kamchatka, Rusia
Ocorreu en 1952, tivo unha intensidade de 9 na escala de Ritcher, e foi seguido dun tsumani. Todo isto extendeu os seus efectos a Hawaii, California, Alaska, Chile ou Nueva Zelanda.
4. Terremoto de Japón.
Do 2011, tamén precedido por un tsunami que provocou a explosión da central nuclear de Fukushima, o terremoto foi de magnitude magnitude 9 na escala Ritcher e IX na escala Mercalli.
3. Sumatra, Illa de Indonesia.
No 2004 produciuse un terremoto de magnitude 9.1 na escala de Ritcher e IX na de Mercalli, a sacudida, coma en outras ocasións produciu un tsumani que ocasionou moitas mortes e afectou ás costas do océano Indico, especialmente en Indonesia, Tailandia, India e Siri Lanka. Considérase o máis letal da historia, con ao redor de 230.000 mortos e desaparecidos.
2. Terremoto de Alaska.
No 1964, o centro de sur de Alaska sufriu un terremoto de magnitude 9.2 na escala de Ritcher e XI na de Mercalli. O terremoto viu acompañado de vinte pequenos tsunamis e un grande onde a maior onda alcanzou os 67m de altura.
1. Terremoto de Chile.
É o maior terremoto da historia, cunha magnitude de 9.5 na escala de Ritcher, ocurriu no 1960 e deixou moitas poboacións completamente destruída. Despois, como en todos os casos anteriores, producíuse un tsumani que deixou o centro das cidades por debaixo da auga.
3. Unha erupción volcánica asóciase , xeralmente, cun risco. Pero, dende o punto de vista natural, tamén podémola considerar como un recurso. Exemplos.
Aínda que as erupcións volcánicas producen desastres naturais que afectan negativamente á nosa vida; nalgunhas ocasións podemos utilizalas no noso beneficio.
Dende o inicio dos tempos, os materiais expulsados nas explosión serviron para a fabricación de armas e utensilios, dende a utilización das propias rochas volcánicas a, posteriormente, a utilización dos metais que contiñan.
Hoxe en día, utilízanse materias de orixe volcánica para confeccionar unha variedade de obxectos e instrumentos. Entre eles cabe destacar a produción de compoñentes para aparellos tecnolóxicos (móbiles, cámaras, vehículos,...), para a construción, para a gandería, ... .
Pero o máis importante son os acuíferos e manantiais a partir da auga contida nas rochas e a obtención de enerxía xeotérmica.
4. Busca exemplos históricos onde se deron os seguintes riscos: inundacións, fluxos de lodo ou terra, desprendementos, solifuxión e kasrtismo.
As inundacións son considerados os desastres naturais máis mortíferos da historia, causando dende 145000 a 4 millóns de mortes por inundación. A causa máis habitual é os diluvios que veñen precedidos dunha seca que pode durar varios meses ou, incluso, anos. As cinco inundacións máis grandes da historia son; a gran inundación do ría Mississipi de 1927, actualmente é a inundación máis destrutiva dos EEUU, causada pola acumulación de precipitacións, durante o verán, na parte central, para ao final de ano o nivel de auga aumentará 17m; o desbordamiento do río Amazonas, a causa foron os diluvios de 1953, ao ser un dos ríos que máis zonas abastece, os danos estendéronse moito; a inundación volcánica de Alaska, causada por un volcán fai 10000 anos, a auga foi acumulándose no cráter co paso dos anos, ata que foi expulsada; a inundación de Altai, Rusia, durante o final da era do xeo, as roturas de presas glaciares causaron unha forte inundación; por último, o diluvio da era do xeo, non afecto ao ser humano, xa que non existían civilización humanas, mais arrasó con todo o que encontrou, a causa foi a caída dun enorme glaciar nun río.
Os fluxos de lodo ou terra débense a acción da auga e de outros tipos de erosión sobre o terreo, dous exemplos disto son; o deslizamento de Oso, Washington en marzo de 2014, onde os fluxos arrastraron, árbores, lodo e rochas, encontrouse actividade sísmica asociada e as fontes polas que se cree que sucedeu son a acción sa auga acumulada no terreo e a intervención humana como agravante (a socavación ao pé da montaña); dous meses despois en Afganistán, sucedeu algo parecido, máis o sedimento provía do aire.
Dentro do noso país, un exemplo de desprendementos
5. Riscos da enerxía nuclear. Que sucedeu en Chernobil?
Pero, todo isto ten, tamén, un gran impacto no planeta. As centrais nucleares tamén son responsables de emisións contaminantes indirectas derivadas da súa propia construción, da fabricación do combustible e da xestión posterior dos residuos radiactivos, que normalmente son arroxados a ríos, ás veces, sen ningún control. Tamén son perigosas cando no están controladas, como ocorreu no famoso accidente de Chernobil, o de Fukushima, e tamén nos diversos accidentes que ocorreron nas centrais atómicas españolas.
Comentarios
Publicar un comentario